Blogia
portafolios

SOCIEDADE CIVIL: Dí Jean Starobinski nun famoso ensaio sobre Rousseau que a Máscara “E a fantasmagoría que serve para describir a irrefreable distancia que desequilibra o axuste entre o ser e o parecer, o veo que se coou nas conciencias, a corrupción que se manifesta en forma de espectáculo e que non só pervirte a natureza do home, senon que a volve irrecoñecible”.
Hoxe en Galicia, unha sociedade civil moi activa e con un sentido ético altamente desenvolvido, propiciou unha actitude que non por normal é menos chocante nestes momentos de máxima homoxeneización á que estamos sometidos polos mandatos sociaís e os fíos do poder.
Interferindo primeiro, ante unha actitude negativa cara a unha realidade, e mantendo vivo no cotián, un recordatorio ó poder, dos deberes que teñen có pobo que democráticamente os elixiu, non permitíndolles exercitar ningún tipo de manipulación, que enmascare o dereito lexítimo do cidadán a ser ben gobernado e tratando de que a verdade resplandezca en toda a súa magnitude.
Como dí Manuel Rivas no seu manifesto contra o silencio “... Emitimos contra a mercadoría perigosa da mentira... E rescataremos a verdade...”
Esa verdade esencial, dignificadora, que compartimos todos os seres humanos e que cando non lle poñemos unha máscara fainos libres.

0 comentarios